OS DATOS DO DÍA
Martes, 15 de Abril de 2025
UNHA SOA RAÍZ: AMOR
C O R E S M A

Esas tres raíces de home novo,superadoras das tendencias do poder‑ter‑pracer, redúcense a unha, que é o amor.

"Ninguén ten amor maior có que dá a vida polos seus amigos".

Esta será a nova vida: a que o Señor nos ensina e comunica, a única victoria sobre a tentación.

Vence Xesús dende o amor. O novo Adán vén a desanda-los caniños do vello.Non quería ser coma Deus, senón servo‑fillo de Deus. Non quería subir ata o ceo, senón ata a cruz. Ó poder opón o servicio; ó ter, o compartir; ó pracer, á entrega; á árbore do paraíso, a árbore da cruz, e ó home vello, egoísta, centrado en si mesmo, o home novo, altruísta, que vive no amor.

O home novo é o que descubriu o amor de Deus na súa vida e ponse a amar. O amor de Deus por nós supera inmensamente toda debilidade nosa; Deus ten un proxecto de amor sobre nós. Pensou en nós dende toda a eternidade.

Deus tennos un amor persoal e especial. Fai que todo sirva para o ben, para a felicidade e para o progreso espiritual dos que o aman.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Sénteste amado por Deus?

Cres que Deus te segue querendo a pesar das túas debilidades...

Se o amor é a única forza de cambia‑lo mundo )Por onde debes comenzar a amar?

ORACIÓN

Oh Deus, presta oídos á miña súplica;

protexe a miña vida contra o acusador;

escóndeme da conxura dos satisfeitos

e do xuízo dos que se consideran

iluminados defensores da verdade.

 

Os humildes séntense arrebatados

a proclamar que o Señor é o dono

da verdade que libera.

O home que serve a Deus

atópa a súa ledicia no sinxelo,

foxe das palabras pomposas;

e sabe que Deus se dá por enteiro

nos actos de solidariedade e de tenrura.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!