OS DATOS DO DÍA
Martes, 31 de Marzo de 2026
TENTACIÓN DA PREGUIZA

"Eu: tranquilo", "il dolce far niente", o encanto da comodidade, o nirvana anticipado, o sono prolongado. A tentación de non comprometerse en nada, de non complicarse a vida para nada, de non esforzarse por nada.

Que traballen os outros. O meu é a "paz" e o descanso permanente.

"Eu non fago nada malo" di a preguiza, mais esquécese de que non fai nada bo, esquécese de que non se poden enterra-los talentos, esquécese dos gravísimos pecados de omisión.

Non abonda con non facer dano, o noso é face-lo ben.

A preguiza, unha tentación que se viste con capa de inocencia.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Se cadra ti tamén es dos que "pasan de case todo", facendo e sendo "case nada".

Que metas, a longo e curto prazo, tes marcadas na túa vida?

Como home e como cristián: )En que estás disposto a complicarte a vida?

ORACIÓN

"Vin traer lume á terra

e que quero senón que arda"!

A miña palabra é lume abrasador,

labarada irrefreable,

é calor de vida latexante,

viño e sangue quente,

é facho no alto e lume no lar.

 

Raio e volcán, forno e braseiro.

A iso vin, a iso envíovos:

a eleva-la temperatura humana,

a dar calor ó mundo, a cura-las feridas

a reaviva-las fogueiras

a prender ardente lume, di o Señor.

(J. Suárez B.)

 

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!