OS DATOS DO DÍA
Mércores, 6 de Maio de 2026
CARTA DE SAN XOÁN B. DE LA SALLE
S E M A N A L A S A L I A N A

Entre as moitas obras escritas que nos deixou Xoán B. de La Salle, non figura esta carta, pero poderiámola considerar como orixinal súa. Vai dirixida a cada un de nós.

"Non vos contentedes con facer só "cousas normais"; con segui-la corrente da vida". O Espírito de Deus está aí, nas vosas ocupacións diarias. Eu deixeime levar por El. Todos me tiñan por soñador, por tolo e mirábanme con compaixón: os meus familiares, o arcebispo; ata aquela primeira manchea de compañeiros de aventura. Ninguén entendía; eu tampouco, pero o Espírito seguía soprando forte.

Temperade o ánimo para o risco. Os camiños do Señor non son os nosos camiños. Hoxe vívese comodamente, con proxectos pequenos e egoístas. Moita mocidade cifra o seu ideal no benestar e a seguridade. A vosa sociedade está afectada de materialismo e utilitarismo...

Tedes que atopa-la fórmula... Sodes novos; tedes que cultiva-la inquedanza, o risco, a aventura... e sobre todo, non esquece-la man segura do Espírito, que vos guía. Nunca me fallou"

                                                De La Salle.

PREGUNTAS PARA O DIÁLOGO

Cales son as túas inquedanzas na vida: estudiar, sacar unha carreira, gañar cartos...?

Nada máis?

Gústache ler, reflexionar... ás veces, estar só...?

Vas facendo un proxecto para a túa vida... ou déixaste levar "pola corrente"?

ORACIÓN

Señor, olla as nosas mans que queren

construír unha sociedade máis humana, 

onde a vida de todos sexa posible.    

Olla as nosas mans,

que se unen para crear confianza    

e máis solidariedade en todo o mundo,

onde os homes traballan xuntos.    

                                                              

Olla as nosas mans, 

que queren facer posible

un tempo libre máis creativo,

que fomente as relacións entre os xoves

e nos faga medrar como persoas,

cada vez máis preto de Xesucristo.

ANIMADOR DO ORACIÓN TODOS
SAN XOÁN BAUTISTA DE LA SALLE ROGA POR NÓS
VIVA XESÚS NOS NOSOS CORAZÓNS POR SEMPRE!